A verdade é que esta foi unha mini sesión. Estabamos todos liados despois de voltar das vacacións do nadal e sabíamos que tiñamos que facer unhas tarefas na aula. No grupo de was comenzaron a aparecer mensaxes inquietantes nos que se nos recordaba o que tiñamos que facer e para cando e decidiuse que debíamos reunirnos para aclarar esas tarefas e canto antes. E como sempre con estes compañeiros, sin problema e adiante.
Foi unha reunión moi curta pero serviunos para orientar o traballo e organizar o uso do ipad. Tamén serviu para que os compañeiros que tiñan algo feito deran xa algunha información para os que ainda non empezaron. Os que se encontran máis inseguros aproveitaron para pedir axuda.
E pouco máis pero esto formou parte do noso traballo en grupo.
Bo traballo! ☺️
ResponderEliminar