O pasado 2 de marzo tivemos unha sesión de docencia con Rubén Molinero @hablandoennubes.
Troixonos unha presentacion para ensinarnos moitas apps explicando para que as utilizou el e cunha breve explicación de como funciona.
Realmente foi unha gran tarde na que aprendemos moitisimo e nos serviu de inspiración para o próximo traballo.
Estas son algunhas da aplicacións das que nos falou:
Para a realidade aumentada: AURASMA E COLAR MIX
Para as imaxes: MOLDIV, SLAP STICKER, ADOE IDEAS
Para utilizar con material real: 10 DEDOS, OSMO, TIGGLY, FETH RUSH,LUNCH RUSH
Para facer historias: TINY TAP, TOONTASTIC, BOOKCREATOR
Apps de pago:bubl draw,nodebeat,santa´s merry band, madpad,green screen
Agora estamos a traballar para poñer en práctica todo o aprendido.
O CLUBE DAS RÁS
miércoles, 11 de marzo de 2015
domingo, 1 de marzo de 2015
Sesión guión: deseño de tarefas
Esta sesión leva por título GUIÓN
porque dentro do proxecto de formación
será o momento no que empecemos a traballar co texto,
co currículo, cos indicadores...
ESQUEMA DA SESIÓN
PLANTILLA PARA FACER O PRIMEIRO BOCETO DA TAREFA
PLANTILLA PARA DESEÑAR A TAREFA COMPLETA
Por último, preséntase a plantilla para a deseño da vosa tarefa,
que será posta en práctica na aula no mes de MAIO.
Temos de prazo ata o día 19 de marzo para realizar o deseño da tarefa.
Para descargar as plantillas premedes en cada imaxe
e despois dende Archivo escolledes o formato de descarga que prefirades.
lunes, 9 de febrero de 2015
4ª SESIÓN
4º SESIÓN
Empezamos a cuarta sesión recibindo unha explicación por parte da teacher Deli sobre DRIVE e como usalo.
A continuación comentamos todos os traballos levados a cabo coas apps que se nos propuxeron ( thinglink, autorap, doceri...) A esta sesión asistiron tamén Ana Mariño e Marta Carracedo que é mestra da E.E.I Monte da Guía e que leva varios anos traballando con tablets en infantil.
Unha vez explicadas estivemos poñendo en común os problemas cos que nos atopamos e como conseguimos resolvelos. Un dos problemas principais co que nos encontramos foi o control do grupo xa que ao ter poucas tablets os nenos mentres esperan para facer a actividade despistanse, perden a atención etc. Marta propuxo a utilización da tablet xunto coa pizarra digital aínda que para iso necesítase un conector do que nese momento non dispoñiamos.
Aínda que hai cousas negativas tamén falamos das positivas que son moitas como o interese que os nenos mostraron na realización da mesma, a creatividade, a autonomía á hora de usar a tablet...
E para terminar usamos unha nova app " TELLEGAMI", moi divetida e que nos serviu para sintetizar nunhas frases todo o que estivemos traballando.
Ata a próxima!!!!!

lunes, 2 de febrero de 2015
jueves, 22 de enero de 2015
ENSAIO
Esta sesión chámase ENSAIO porque é onde imos facer
as nosas primeiras probas coas aplicacións na aula.
Os mestres e mestras, coas decisións oportunas tomadas previamente
poñedes en práctica unha actividade deseñada utilizando
unha das aplicacións seleccionadas na sesión CAMERINO
Para elo tedes todo o mes de xaneiro durante o cal vos organizades
o calendario de uso do dispositivo e outras necesidades que xurdan.
Aquí tedes o documento Autoinforme 1 cubrir individualmente e entregar
á coordinadora antes da próxima sesión.
á coordinadora antes da próxima sesión.
Preme no enlace e vai á pestana archivo,
dende alí accede a "Descargar como" e escolle o formato que desexes.
lunes, 19 de enero de 2015
3ª SESIÓN
A verdade é que esta foi unha mini sesión. Estabamos todos liados despois de voltar das vacacións do nadal e sabíamos que tiñamos que facer unhas tarefas na aula. No grupo de was comenzaron a aparecer mensaxes inquietantes nos que se nos recordaba o que tiñamos que facer e para cando e decidiuse que debíamos reunirnos para aclarar esas tarefas e canto antes. E como sempre con estes compañeiros, sin problema e adiante.
Foi unha reunión moi curta pero serviunos para orientar o traballo e organizar o uso do ipad. Tamén serviu para que os compañeiros que tiñan algo feito deran xa algunha información para os que ainda non empezaron. Os que se encontran máis inseguros aproveitaron para pedir axuda.
E pouco máis pero esto formou parte do noso traballo en grupo.
Foi unha reunión moi curta pero serviunos para orientar o traballo e organizar o uso do ipad. Tamén serviu para que os compañeiros que tiñan algo feito deran xa algunha información para os que ainda non empezaron. Os que se encontran máis inseguros aproveitaron para pedir axuda.
E pouco máis pero esto formou parte do noso traballo en grupo.
lunes, 12 de enero de 2015
AUTORAP
Lucia e eu, Deli, traballamos con autorap. Tivemos problemas co autorap que fixemos na sesión polo que incluo outro de proba feito solo por min.
Foi moi divertido, recopilamos títulos de contos que nos gustan e os grabamos sobre a música. O resultado foi un rap moi simpático.
A destacar a facilidade de manexo da app. A única pega e o número tan limitado que ten de fondos musicais gratuitos, sobre todo en android.
É unha app moi versatil que podese usar para unha gran cantidade de actividades: practicar pronunciación e diálogos, nas clases de lingua estranxeira, crear canciones para as rutinas na aula, crear a música para festivais, ...
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






