jueves, 22 de enero de 2015

ENSAIO


Esta sesión chámase ENSAIO porque é onde imos facer 
as nosas primeiras probas coas aplicacións na aula.

Os mestres e mestras, coas decisións oportunas tomadas previamente 
poñedes en práctica unha actividade deseñada utilizando 
unha das aplicacións seleccionadas na sesión CAMERINO 

Para elo tedes todo o mes de xaneiro durante o cal vos organizades
o calendario de uso do dispositivo e outras necesidades que xurdan.

Aquí tedes o documento Autoinforme 1 cubrir individualmente e entregar
á coordinadora antes da próxima sesión.

Preme no enlace e vai á pestana archivo, 
dende alí accede a "Descargar como" e escolle o formato que desexes.

lunes, 19 de enero de 2015

3ª SESIÓN

A verdade é que esta foi unha mini sesión. Estabamos todos liados despois de voltar das vacacións do nadal e sabíamos que tiñamos que facer unhas tarefas na aula. No grupo de was comenzaron a aparecer mensaxes inquietantes nos que se nos recordaba o que tiñamos que facer e para cando e decidiuse que debíamos reunirnos para aclarar esas tarefas e canto antes. E como sempre con estes compañeiros, sin problema e adiante.

Foi unha reunión moi curta pero serviunos para orientar o traballo e organizar o uso do ipad. Tamén serviu para que os compañeiros que tiñan algo feito deran xa algunha información para os que ainda non empezaron. Os que se encontran máis inseguros aproveitaron para pedir axuda.

E pouco máis pero esto formou parte do noso traballo en grupo.

lunes, 12 de enero de 2015

AUTORAP

Lucia e eu, Deli, traballamos con autorap. Tivemos problemas co autorap que fixemos na sesión polo que incluo outro de proba feito solo por min.
Foi moi divertido, recopilamos títulos de contos que nos gustan e os grabamos sobre a música. O resultado foi un rap moi simpático. 
A destacar a facilidade de manexo da app. A única pega e o número tan limitado que ten de fondos musicais gratuitos, sobre todo en android. 
É unha app moi versatil que podese usar para unha gran cantidade de actividades: practicar pronunciación e diálogos, nas clases de lingua estranxeira, crear canciones para as rutinas na aula, crear a música para festivais, ...