4º SESIÓN
Empezamos a cuarta sesión recibindo unha explicación por parte da teacher Deli sobre DRIVE e como usalo.
A continuación comentamos todos os traballos levados a cabo coas apps que se nos propuxeron ( thinglink, autorap, doceri...) A esta sesión asistiron tamén Ana Mariño e Marta Carracedo que é mestra da E.E.I Monte da Guía e que leva varios anos traballando con tablets en infantil.
Unha vez explicadas estivemos poñendo en común os problemas cos que nos atopamos e como conseguimos resolvelos. Un dos problemas principais co que nos encontramos foi o control do grupo xa que ao ter poucas tablets os nenos mentres esperan para facer a actividade despistanse, perden a atención etc. Marta propuxo a utilización da tablet xunto coa pizarra digital aínda que para iso necesítase un conector do que nese momento non dispoñiamos.
Aínda que hai cousas negativas tamén falamos das positivas que son moitas como o interese que os nenos mostraron na realización da mesma, a creatividade, a autonomía á hora de usar a tablet...
E para terminar usamos unha nova app " TELLEGAMI", moi divetida e que nos serviu para sintetizar nunhas frases todo o que estivemos traballando.
Ata a próxima!!!!!

