A segunda sesión do noso grupo de traballo foi o comezo do traballo en sí. Supuso coñecer de cerca á nosa asesora Ana Mariño e para a maioria de nos tomar contacto por primeira vez cos dispositivos cos que imos traballar así como crear contidos por primeira vez cas aplicacións de eses contidos. Supuso tamén unha visualización dos pasos que do proxecto, o esquema de traballo. Tivemos a sorte de contar ca visita de Susana Lamela que compartíu con nos a súa experiencia de integración de tablets na aula dunha maneira máis persoal e directa que na primeira sesión.

Adicamos a primeira parte da sesión a presentarnos e á presentación do proxecto. Ana explicounos en que consistía e as etapas do proxecto. Presentounos tamén o blogue e o uso que íamos facer del. Chegou pouco despois Susana Lamela e falamos un pouco sobre o seu proxecto e as nosas expectativas cara ó noso.
Fixemos unha reflexión sobre o plan de traballo na que utilizamos un código qr, algo novo para algúns, para entrar nun panel colaborativo.
A continuación pasamos a facer unha actividade por parellas usando 5 apps que se nos propuxeron: wordmosaic, thinglink, autorap, doceri e notegraphy. Tamén tivemos que facer unha nova entrada no blogue publicando o resultado da actividade, facendo unha pequena descripción da App y facendo outras propostas de uso.
Doceri, e un encerado virtual no que poderedes gardar todo o que fagades. Solo para ipad.
Tutorial Doceri
Autorap, para crear raps. Para ipad e android.
Notegraphy, para escribir textos. Para ipad e android.
Tutorial Notegraphy
Thinglink, engade contido as imaxes. Para ipad e android.
Tutorial Thinglink
E por último,
Wordmosaic, para crear nubes de palabras. Para ipad.
A avaliación desta actividade foi moi positiva non só polas produccións que obtivemos si non polo feito de que supuso unha primeira toma de contacto para a maior parte dos compañeiros coas tablets e co uso do blogue. Moitos iban con moito medo porque non tiñan experiencia e temían non ser capaces de facerse ca ferramenta e a opinión xeral cando rematamos a actividade era de confianza en que non era tan difícil como pensaban e de ganas de seguir probando. Para xente tan creativa como os meus compañeiros penso que tamén supuso unha fonte de ideas.
Rematamos a sesión falando con Susana e preguntandolle sobre a súa experiencia.
O pasei estupendamente, e un placer traballar con mestres tan creativos e xenerosos.
Na próxima sesión máis e seguro que mellor.